Novo vehículo compartido para o servizo de protección do ambiente de Ordes e Frades

1 minutes read

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o concello de Ordes, onde fixo entrega dun vehículo para o servizo de protección do ambiente e do espazo natural que este municipio comparte con Frades. Trátase dun todocamiño híbrido enchufable ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental e tamén aos gastos do seu funcionamento.

O novo vehículo conta con 5 prazas, tracción 4×4, gancho para remolque e con distintivo ambiental ECO, polo que se fomenta o respecto ao medio ambiente coa redución da emisión de gases contaminantes. Natalia Prieto destacou a colaboración nesta actuación con ambos concellos para proporcionarlle a este servizo o material necesario co que garantir unha prestación máis eficiente. Así, reduciranse os tempos para chegar as zonas de difícil acceso e que o persoal poida levar a cabo o seu traballo de conservación, restauración e protección do medio ambiente e do espazo natural con tódalas garantías.