Novo vehículo todo terreo para Protección Civil de Camariñas

0 minutes read
  • A Xunta realizou a concesión do turismo a través dunha convocatoria dos fondos FEDER

O Concello de Camariñas resultou adxudicatario dun vehículo todo terreo tipo pick-up para uso de Protección Civil, un automóbil concedido pola Xunta de Galicia a través dunha convocatoria de equipamentos de emerxencias cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Este vehículo irá destinado a misións de emerxencias e de Protección Civil, complementando así as funcións da actual pick-up contraincendios.