Novo «VideoHIT de Panorama», coa produción especial dos Djs Jossi e Roy

2 minutes read

Unha das orquestras máis importantes de España, como é a Panorama, rodeouse dun grupo reducido de profesionais das cabinas para versionar ao puro estilo dance a popular canción Resistirei, do Dúo Dinámico, coñecida xa como o himno do confinamento en tempos de pandemia polo coronavirus e que Panorama xa versionaba en estilo pop. Pero quixeron ir un pouco máis aló, fieis ao seu estilo e ao seu público máis novo, a orquestra Panorama xunto cos prestixiosos disjockeys e produtores, Jossi desde Vigo e Roy desde Malpica, uníronse para cada un poñer o seu gran de area e elaborar unha versión remix e en galego dese tema, que leva por título Resistirei. Ninguén mellor que eles dous, acompañados do vocalista e director musical de orquestra Panorama, Lito Garrido, para explicarnos en exclusiva nunha entrevista realizada por Dj Charlie, que é o que deu lugar a esta creación e o seu resultado, tras o recente anuncio da suspensión da xira 2.020 desta orquestra. Se todo marcha sobre condicións sanitarias normais, Panorama arrincaría a súa xira 2.021 o próximo entroido con Resistirei como parte da súa sintonía habitual.

Entrevista a Lito, director da orquestra Panorama, e aos produtores Dj Jossi e Dj Roy, realizada por Dj Charlie, con motivo da publicación da versión «Remix» do «Resistirei».
Orquestra Panorama | Resistirei. Versión Remix. By Dj Jossi & Dj Roy.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?