O Concello de Arteixo acometerá durante o próximo mes de setembro o asfaltado de dezaséis rúas do núcleo urbano. Trátase das rúas Wenceslao Fernández Flórez, República Dominicana, Eduardo Pondal, Nicaragua, Ría de Noia, Valle Inclán, Pedregal, Ramón de la Sagra, Historiador Vedia, Fernando Casas Novoa, Guerra de Independencia, Manuel Pardo Alvedro, Francisco Mosquera, Río Eume, Río Eo e Agramonte.
Os traballos, con un presuposto de 311.000 €, obrigarán a cortes de tráfico dos que o concello avisará puntualmente e co tempo suficiente para que os veciños afectados tomen as medidas necesarias.
Estos traballos súmanse aos realizados en semanas pasadas en 19 rúas e vías nos núcleos de Vilarrodís, Oseiro, Sol y Mar, Loureda e Meicende ás que tamén, como no caso de Arteixo, únense melloras dos sinais lumínicos en todos os pasos de peóns co obxectivo de mellorar a seguridade.
No que vai de ano Arteixo investiu neste tipo de obras, en todas as parroquias, un total de 2,3 millóns de euros. Os traballos municipais únense ás melloras que acomete a Xunta de Galicia na AC-552 e no Polígono de Sabón.