Carballo | Novos cortes de tráfico nas rúas Valle-Inclán e Gran Vía

Calle Valle-Inclán en Carballo_GOOGLE MAPS

  • Os peches están programados para este venres e o luns e martes da próxima semana

O Concello de Carballo comunicou durante a mañá de hoxe que se procederá ao corte de tráfico en distintos puntos da rede viaria para facilitar o desenvolvemento de varias obras.

Este venres pola tarde quedará pechada ao tráfico a rúa Valle-Inclán, no treito comprendido entre Rosalía de Castro e Concepción Arenal, debido á celebración de actividades de dinamización comercial realizadas polo empresariado da zona. O tráfico que se incorpore dende Vázquez de Parga terá que desviarse por Rosalía de Castro e o procedente de Concepción Arenal poderá circular con normalidade cara Cervantes.

Por outra banda, o luns 25 e o martes 26 tamén se cortará ao tráfico a rúa Gran Vía no cruzamento con Vila de Laxe para poder construír un paso de peóns nese punto.