Novos cursos de aprendizaxe dixital en Ponteceso e Malpica da man da asociación Visibles

PIXABAY

  • O programa, que se celebrará do 30 de outubro ao 30 de novembro, vai dirixido ás mulleres que desexen mellorar o seu perfil profesional

A asociación Visibles, en colaboración co Fondo Social Europeo, pon en marcha o curso «Aprendizaxes básicos dixitais e transversais», unha actividade formativa dirixida ás mulleres que queiran mellorar o seu perfil profesional a través do desenvolvemento de habilidades dixitais e transversais (sociais, laborais e emocionais).

O curso, que terá unha duración de 90 horas, desenvolverase do 30 de outubro ao 30 de novembro en modalidade presencial no edificio Melga de Ponteceso e no centro cívico de Malpica, en horario de 16:00 a 20:00 h.

O aforo é limitado e será preciso reservar praza chamando ao 687 99 66 33 ou enviando un correo electrónico info@asociacionvisibles.com.