Novos cursos de competencias dixitais en Malpica e Ponteceso

  • Están dirixidos a mulleres maiores de 18 anos para aumentar a súa influencia persoal e profesional

A asociación Visibles volve apostar por unha oferta formativa gratuíta que «nos permita chegar a todas as mulleres rurais e desta forma incrementar a súa influencia persoal e profesional». Gracias ao apoio do Fondo Social Europeo e da Concellería de Política Social da Xunta de Galicia, a entidade convoca talleres presenciais grupais e titorías individuais en materia de emprendemento e orientación laboral, competencias dixitais e transversais e coaching motivacional e psicóloga.

Estes obradoiros están dirixidos a mulleres maiores de idade, e desenvolveranse tanto en Malpica como en Ponteceso. As inscricións poden formalizarse chamando ao teléfono 687 99 66 33 ou enviando un correo a info@asocioacionvisibles.com.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha