Novos ecógrafos e mamógrafos 3D para as Baleares doados por Amancio Ortega

Todos os hospitais de Baleares contarán con novos ecógrafos e mamógrafo 3D doados por Amancio Ortega. A doazón supón un investimento de máis de 6 millóns de euros para a detección temperá de cancros de mama e con maior precisión. O pasado mes de maio, a fundación e o goberno balear asinaron un convenio para renovar e mercar equipos novos de última tecnoloxía para a detección deste tipo de cáncros.