Comezaron as obras no treito comprendido entre os quilómetros 3,7 e 27,9, na calzada dereita, no carril dereito.
Seguindo esta programación, as actuacións continuarán no treito que vai do quilómetro 28,7 ao 17,1, neste caso na calzada esquerda, no carril dereito.
Acto seguido as tarefas desenvolveranse entre o quilómetro 16,1 e o 7,5, na calzada esquerda, no carril dereito.
A partir do vindeiro 18 de setembro, e durante 6 xornadas, actuarase nos ramais de Carballo Norte, Carballo Este, Sabón.
As obras están debidamente sinalizadas en cada unha das zonas de traballo e para minimizar a afección ao tráfico trabállase por carrís.
Estas intervencións de rehabilitación estrutural do firme consisten no fresado e reposición con mesturas bituminosas en quente. A actuación execútase no ámbito da planificación da campaña de firmes do ano 2023 que a concesionaria realiza de xeito periódico nas súas autoestradas autonómicas co obxectivo de optimizar os recursos dispoñibles e garantir a calidade, seguridade e durabilidade dos firmes.