Novos traballos de roza e limpeza nas marxes de varias estradas autonómicas

Cedida.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade retomou recentemente estes traballos nas vías de titularidade autonómica, tras renovar, por máis de 2,2 millóns de euros coa empresa pública Seaga, o contrato para acometer tarefas de control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Ao longo desta semana iniciaranse labores de roza e de limpeza nas marxes da estrada AC-413, ao seu paso polo concello de Ordes, e tamén na AC-430, en Cabana.

En Ourense tamén se realizarán labores na OU-300, en Allariz, A Merca e A Bola; e en Pontevedra comezaron os traballos na PO-510, no concello de Salceda de Caselas, e na PO-400, ao seu paso por Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra do Miño.

Do mesmo xeito, proseguirán os labores de roza e de limpeza nas marxes da estrada AC-842, ao seu paso polo concello coruñés de Ortigueira; e tamén na N-120, á altura do Alto do Faro, en Monforte e O Saviñao.

Estas actuacións de limpeza contribúen á prevención dos lumes ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías. Cómpre lembrar que a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha