O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega este sábado na Praza do Obradoiro, en santiago, de 19 vehículos tipo pick up a agrupacións de voluntarios de Protección Civil das catro provincias galegas, entre as que se encontran as de Camariñas e Dumbría. Esta achega forma parte da orde de axudas destinadas a material para as Agrupacións de voluntarios de Protección Civil, cun importe de 1M€, pola que tamén se está facendo entrega de 26 tendas de campaña para emerxencias, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas para a retirada de neve para as actuacións en concellos máis afectados polas nevaradas, 6 remolques de emerxencias e estes 19 vehículos tipo-pick para que os operarios de Protección Civil poidan moverse en todo tipo de terreos e así facilitar as actuacións que habitualmente realizan na axuda da veciñanza.