Nueva Pescanova comunicou este mércores aos comités de empresa e aos delegados sindicais a súa intención de iniciar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE), limitado ao ámbito dos servizos centrais, en centros de traballo de Chapela (Vigo) e Madrid que afectará a menos dun centenar de empregados dos 10.000 da multinacional galega que está en proceso de venda.
O ERE, segundo informou a compañía nun comunicado, está xustificado por causas económicas e organizativas e busca que a compañía poida “adaptarse a unha contorna global desafiante e asegurar a sustentabilidade da empresa a longo prazo”.
Os traballadores afectados, asegura a empresa, contarán con apoio e orientación durante o proceso, segundo a pesqueira que indica explorar alternativas posibles e tomado medidas para minimizar o impacto nos seus equipos.