Logo da dimisión de Angel López, tras a derrota na casa ante o Bergantiños FC a pasada fin de semana, Juan Manuel Luces Cores «Juan Porrúa» faise cargo do equipo. Natural de Muros, Porrúa, destacou por ser un dos mellores porteiros, alcanzando varios premios polo seu talento. Na súa traxectoria pasou por clubs como, o Compostela, Grove, Noia, Ribadumia e Chaian, ata chegar ao Dumbría, onde viviu o ascenso á Preferente. No Conco tamen foi adestrador dunha das categorías base. Ascendeu co Monte Louro á Liga da Costa. É un home moi familiar e amante, alá por onde pasa. Despois dun tempo lonxe dos terreos de xogo, por motivos laborais, chega á SD Fisterra, como novo adestrador, cheo de ilusion e con moitas ganas. Estará acompañado no banco por Juan Manuel Cabrejo Pasantes » Juanillo Camariñas».
40