Numerosa participación en Malpica na I Andaina das Estrelas

Cedida.

Máis de 400 persoas, entre elas veciños de Malpica,visitantes e turistas, tomaron a praza Villar Amigo de Malpica para dar comezo a I Andaina da Ruta das Estrelas. Durante a ruta, que de ida e volta son 10 km, a luz ía minguando e a néboa apoderouse da paisaxe. Os camiñantes ao chegar o cabo de San Hadrián asistiron á charla sobre astronomía durante uns 40 minutos. Dende o Concello o primeiro tenente de alcalde, Alfredo Cañizo, afirmou que “xa se está preparando unha segunda Andaina das Estrelas para seguir desenvolvendo o proxecto que ten o Concello “Malpica do Mar ás Estrelas”, como destino Starlight. Aprobada en pleno fai un máis de un ano. A presidenta da asociación contra o cancro de Malpica, Carmen Teresa Blanco, tamén se mostrou satisfeita coa recadación solidaria acadada nesta andaina.