Numerosa participación en Ponteceso na penúltima xornada de Camiñar na Noite

1 minutes read

Ponteceso segue a ser pioneiro na Costa da Morte na realización de rutas para dar a coñecer o patrimonio a beleza e a historia de todas as súas parroquias. Javier Couto, técnico de turismo, foi o encargado de dirixir aos noventa participantes desta ruta por Corme Aldea que discorreu por os lugares máis fermosos da parroquia, nunha noite na que non faltou a boa música da man do acordeonista Alexander Capone Méndez. Camiñar na Noite chega o vindeiro fin de semana ó seu fin coa última xornada  onde os camiñantes coñecerán os recunchos máis fermosos das ruta Cores-Nemeño. Como cada luns ás persoas que desexen asistir poden inscribirse no rexistro Xeral do Concello de Ponteceso e na Oficina Municipal de Corme de luns a xoves (09:00 – 14:00) ou a través da Sede electrónica (sede.ponteceso.gal).