Numerosas incidencias por meteoroloxía adversa desde o mediodía deste mércores

1 minutes read

En total, foron 84 as rexistradas polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias entre as 12 e as 18 horas deste mércores. Cómpre sinalar que permanecen activas alertas por vento en terra e por fenómenos meteorolóxicos adversos no mar.

As incidencias relacionadas coas vías de circulación foron as máis repetidas, entre as que destacan as pólas e árbores (32), os cables da luz ou telefónicos (9) e os restos de accidentes e outros obstáculos (4).

Tamén se levaron a cabo múltiples intervencións dos servizos de emerxencias para evitar riscos maiores, cun total de 19 (entre as que se inclúen o apuntalamento de tellados ou a retirada temperá de vexetación).

A continuación, podemos mencionar os incidentes con material eléctrico (5) ou os anegamentos en vivendas e garaxes (2).

En canto ás provincias, a que máis sufriu os efectos da meteoroloxía adversa é a da Coruña, na que se rexistraron 35 incidencias, seguida de Pontevedra (28), Lugo (13) e Ourense (7).

Por último, os concellos da Coruña, Negreira e San Sadurniño (3) foron os máis afectados na provincia da Coruña. O mesmo ocorre con Vigo (3) e Vilagarcía de Arousa (2) en Pontevedra; con Ribadeo (2) e Viveiro (2) en Lugo e, por último, cos municipios de Castrelo de Miño (2) e Ourense (1) na provincia de Ourense.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?