Nun bar da Laracha desinfectan os cartos cando cobran ou dan a volta


Todas as medidas son poucas á hora de previr ou transmitir contaxios por coronavirus, por iso no bar O Noso Café da Laracha cada vez que lle pagan unha consumición ou teñen que dar a volta do cambio desinfectan os cartos que recollen ou devolven nun bote con un pulverizador de xel hidro alcohólico. Tanto a propietaria do local como os clientes, coinciden en afirmar que os cartos son o máis sucio que hai, ao pasar por moitas mans en pouco tempo, polo que invitan a tomar o exemplo como norma.