Núñez celebra o compromiso da Xunta coa Costa da Morte

1 minutes read
  • Subliña que o goberno autonómico compromete case 8 millóns de euros dos orzamentos do 2020 nas comarcas de Bergantiños e de Costa da Morte.

O deputado autonómico do Partido Popular, Aurelio Núñez, celebrou que os orzamentos da Xunta recollan dúas importantes partidas, unha para impulsar a construción da variante de Carballo (250.000 euros este ano e un total de 12 millóns nos próximos 3 exercicios), e a outra para o dragado do Porto de Laxe (1.400.000 euros). Destacou tamén os 900.000 euros que a Xunta de Galicia investirá en Vimianzo a través da Consellería de Medio Rural para a prevención de danos causados polos incendios, mantemento de infraestruturas ou control de pragas, e os 143.000 que destinará en Coristanco para impulsar o desenvolvemento e a adaptación da agricultura e a selvicultura. Ademáis aplaudiu a decisión do goberno autonómico de facer gratuítas as escolas infantís a partir do segundo fillo das familias galegas e a ampliación da Tarxeta Benvida.