Nuno Moure bateu o récord absoluto da AD Fogar de medio maratón

O pasado domingo día 19 de outubro celebrouse en Pontevedra o XLIII Gran Fondo Caixabank, proba na que AD Fogar contou coa participación de Nuno Moure Fernández que nos representou no medio maratón, distancia na que tomaron a saída 482 atletas. Nuno, que pertence á categoría sub 20, callou unha máis que destacada actuación rematando na 7ª praza absoluta masculina cun tempo de 1 hora, 10 minutos e 39 segundos a ritmo de 3 minutos e 21 segundos o quilómetro. Con esta marca Nuno bateu o récord absoluto do club e quedou a tan só 39 segundos do tope nacional absoluto da distancia.

Related posts

A vindeira semana comezarán os traballos de mellora no campo municipal Platas Reinoso de Baio 

O Bueu Atlético Balonmán recibe e ao Calvo Xiria nun encontro crucial da Primeira Estatal

150 deportistas participarán este sábado en Carballo no Memorial Carlos Servando de salvamento deportivo