O 061 adestra a escolares co gallo do Día Internacional das Urxencias e Emerxencias

1 minutes read

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 organizou unha xornada formativa sobre soporte vital básico e técnicas de reanimación cardiopulmonar básica na que participaron 170 escolares do concello da Estrada co gallo do Día internacional das urxencias e emerxencias, que se celebra este sábado. Ao acto asistiron o concelleiro de Sanidade, Turismo e Relacións Institucionais do concello da Estrada, Miguel Óscar Rancaño Brañanova, e a directora de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira Pan. Lembre que o 061 de Galicia é o servizo de atención ás urxencias e ás emerxencias extrahospitalarias, as 24 horas do día e os 365 do ano, e que moitas vidas poden ser salvadas se son tratadas do xeito adecuado.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?