O 061 asistiu a 49 persoas por 39 accidentes de tráfico nesta fin de semana

061 Galicia

  • As provincias de A Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de incidentes, con 18 e 15 respectivamente

Nesta fin de semana o servizo de emerxencias do 061 tivo que asistir a 49 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 23 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 25 de outubro. O sábado foi o día no que se rexistraron máis incidentes, con 15 sinistros.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente, e un 39% dos afectados tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou maiores incidentes cun total de 18, seguida por Pontevedra con 15 sinistros, Lugo con 4 e Ourense con 2.