O 061 atendeu dúas persoas en Carballo | Unha indisposta na rúa e outra ferida no domicilio

1 minutes read

Dúas incidencias dispares no tempo puxeron en alerta este xoves aos servizos de urxencia en Carballo. O primeiro dos sucesos acontecía na céntrica Rúa Coruña, unha muller duns 70 anos sufríu un desmaio e estivo varios minutos sen coñecemento. A señora deuse conta de que caía e arrimouse a un banco público onde quedou inconsciente, pero por sorte non se golpeou. Tras o aviso do 112 a muller foi atendida en primeira instancia por unha axente da Policía Local que a colocaba en posición de seguridade, dado que a muller tamén presentaba síntomas de devolver. En dez minutos chegaría unha ambulancia medicalizada para atendela, e pouco a pouco foi recuperando a consciencia ata tal punto que lograba estabilizarse e por sorte xa non foi evacuada do lugar.

Peor sorte corría outra muller, neste caso nunha vivenda particular da Avenida de Finisterre, tamén en Carballo. Segundo as primeiras hipóteses esta persoa podería ter golpeado un cadro nunha estancia da vivenda caéndolle encima. Como consecuencia do presunto golpe sangraba pola boca, onde presentaba unha forte contusión. En primeira instancia foi evacuada do lugar en ambulancia ao PAC da vila.