O 061 condena as sabotaxes producidas ao longo das xornadas de folga de ambulancias

Ambulancias Sergas_ Dereitos de autor: sergas.gal

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes e actos vandálicos producidos ao longo da primeira convocatoria de xornadas de folga contra os recursos do servizo público galego de urxencias e emerxencias sanitarias. Esta convocatoria, que tivo lugar entre os días 6 e 7 de xullo, rematou con 82 ambulancias asistenciais de soporte vital básico e avanzado con picadas nas rodas, ademais doutros actos vandálicos como pintadas ou cortes nos cintos dos vehículos.

A convocatoria de folga enmárcase no contexto da falta de acordo na negociación polo convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia.

Cómpre subliñar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como servizo encargado do transporte sanitario urxente extrahospitalario na Comunidade Autónoma, ten a consideración de servizo esencial para a poboación e, polo tanto, os servizos mínimos establecidos durante as convocatorias de folga son do 100 %.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha