O 061 de Galicia asistiu 42 persoas por 38 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a pasada fin de semana 42 persoas debido a 38 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 4 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de novembro. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 15 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 44 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 42 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 38 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57,5 % e do 42,5 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 40 % dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha