40
O maior circuíto de Galicia de augas abertas terá lugar a partir do mes de xuño, pero a partir da vindeira semana, concretamente do venres 1 de abril, os interesados en participar xa poderán inscribirse en www.travesiacosta.com. As citas serán as seguintes:
- A Coruña 12 de xuño
- Oleiros 17 de xullo
- Balarés-Ponteceso 31 de xullo
- Sisargas-Malpica 14 de agosto
- Ézaro-Dumbría 4 de setembro
Todos estes concellos colaboran na organización desta travesía, na que tamén están implicadas a Confraría de Pescadores de Malpica, a Deputación da Coruña, Cruz Vermella e a Agrupación Provincial de Protección Civil.