O 11 de decembro abre o prazo de preinscrición en Ocioleiros


Ocioleiros está dirixido exclusivamente aos veciños e veciñas empadroados en Oleiros, maiores de 18 anos. A finalidade deste programa é fundamentalmente lúdico, dirixido á diversión e ao entretemento.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da web municipal. O prazo abre o próximo mércores día 11 e finalizará o 20 de decembro. As listaxes con todas as persoas preinscritas colgaranse o 26 de decembro para a emenda de erros.

Nas actividades nas que haxa máis demanda que prazas ofertadas, adxudicaranse por sorteo, que se realizará o 7 de xaneiro ás 12.00 horas na Fábrica. As listaxes de persoas admitidas e as listaxes de agarda estarán expostas a partir do 10 de xaneiro. O día do sorteo será o 7 de xaneiro ás 12.00 horas na Fábrica e as listaxes de persoas admitidas e as listaxes de agarda estarán expostas a partir do 10 de xaneiro.