O 112 Galicia contabiliza máis de 250 incidencias xestionadas por meteoroloxía adversa

Desde a medianoite, o 112 Galicia rexistrou 264 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa. É certo que a neve empeza a deixar novas xestións na sala de operacións do 112 Galicia, con 17 casos contabilizados. Ademais, nas últimas horas chegaron varios avisos de particulares por vehículos parados debido á neve ou o xeo en vías como a A-52 (Cualedro); a OU-540,  en Bande; a OU-533, na Gudiña, e noutras vías secundarias de Vilar de Barrio, Laza, A Pobra de Trives, Montederramo ou As Nogais.

Nun dos avisos máis recentes, recibido desde Parada de Ribeira (Xinzo de Limia) contra as 12:40 horas, un particular explicou que unha vintena de coches permanecían parados pola neve á altura do quilómetro 3 da OU-1112. Desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos servizos de mantemento.

Como vén ocorrendo durante o día de hoxe, destacamos sobre todo a presenza de árbores nas estradas (132), os restos de accidentes e outros obxectos, como contedores (32), as actuacións dos servizos de emerxencias no eido da prevención de risco (24). Iso si, comezan a aumentar os casos relacionados coa neve (17) e o xeo nas estradas (7).

En canto ás provincias, Pontevedra é a máis afectada, con 116 emerxencias xestionadas, seguida da Coruña (101), Ourense (26) e Lugo (19). En Pontevedra, Vigo acumulou 19 casos e Pontevedra, 16. Bueu, Redondela ou Silleda sumaron 5. Na provincia da Coruña, Ferrol rexistrou 9 incidencias; Narón, 7; Boiro, 5, e A Coruña, 4. En Lugo destacan Castro de Rei e Mondoñedo, con 2 incidencias. Finalmente, en Ourense, Ribadavia rexistrou 7 e Laza, 4.

Non obstante, convén extremar as precaucións: continúan activas alertas de nivel laranxa e amarelo por neve en diferentes zonas. No mar, permanece vixente unha alerta vermella que afecta ao litoral da Coruña e de Pontevedra. A costa de Lugo mantense en nivel laranxa. Por último, os ríos Umia (Cuntis), Río Grande (Vimianzo) e Lérez (Pontevedra) están en seguimento polas posibles subidas de caudal. Deste xeito, continúa activo o Plan Especial ante o risco de inundacións en Galicia (INUNGAL).

Related posts

Unha fractura da vía previa ao paso do tren Iryo posible causa do accidente en Adamuz

Retomadas en Erboedo as gravacións do proxecto ‘A Memoria da Laracha’

A borrasca Ingrid deixou máis de 400 incidencias rexistradas no 112 Galicia