O 112 Galicia rexistrou este sábado máis de 300 incidencias relacionadas co vento e a choiva

2 minutes read

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia atenderon, sobre todo, árbores caídas (125), anegamentos en rúas e estradas (58) e riscos derivados da situación meteorolóxica (34).

A forte chuvia e o vento deixou máis de 300 incidencias ata as seis da tarde repartidas por toda Galicia, aínda que foron as provincias da Coruña e Pontevedra as que concentraron o maior número de intervencións polo clima: 149 A Coruña e 92 Pontevedra.

Vigo, Nigrán, Pontevedra, Vilagarcía, dentro da provincia de Pontevedra; Santiago, Boiro, Ribeira, na Coruña, Ribadeo, Foz, Palas de Rei, en Lugo; e Ribadavia, en Ourense; foron os concellos que máis intervencións sumaron.

Con todo, cómpre indicar que ningunha das incidencias foron de gravidade, polo que debemos seguir extremando a precaución, e prestando especial atención ás condicións das vías e ao estado dos ríos.

Santiago rexistrou anegamentos en diferentes vías do municipio, mesmo houbo condutores que quedaron atrapados por bolsas de auga. Ocorreu na Rúa Fontes do Sar, pero tamén na Enfesta, debaixo da Ponte da AP-9, e na Rúa Clara Campoamor.

Por outra banda, desde Pontevedra, desde a PO-11, moitos condutores contactaron co 112 Galicia para informar da subida da mar e o desbordamento sobre a autovía. Esta situación dificultou moito a circulación en ambos os dous lados da circulación.

Ademais, en Ponteceso, botouse por fóra o río Anllóns, e tiveron que intervir os efectivos do GES da localidade.

Igualmente, en Cervo, un vehículo saíuse da vía debido a unha importante bolsa de auga na estrada LUP-1510. Houbo dúas persoas feridas, aínda que de carácter leve. 

En Vedra, un tren que percorría o tramo Santiago-Ourense bateu contra unha árbore ao paso por Vedra. Ninguén resultou ferido, pero os sete pasaxeiros tiveron que baixar o convoi e adaptarse a un traslado alternativo. O persoal de seguridade de Adif organizou este transbordo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?