Os efectos das intensas chuvias deixaron algunhas imaxes impresionantes, coma a da estrada que se afundiu en Campañó, Pontevedra, cunha condutora accidentada que só sufriu feridas leves. Ou rescate con medios acuáticos de varias familias en Begonte, onde unha ducia de casas quedaron anegadas. Tamén foron protagonistas desprendementos coma o dunha estrada de Folgoso do Courel, concello que destacou nos datos de precipitacións con case 150 litros acumulados. O temporal causou tamén problemas nas comunicacións aéreas. Air Europa cancelou dúas chegadas dende Madrid, unha ao aeroporto de Alvedro outra ao de Peinador. A borrasca obrigou a cancelar un voo máis de Madrid a Vigo e a desviar outro dende A Coruña a Santiago. O aeroporto compostelán funcionou con normalidade.
39