- A inscrición é gratuíta e debe formalizarse nos servizos sociais municipais
O luns 13 de setembro é o día elixido para iniciar o obradoiro de apoio integral a aquelas coidadoras de persoas dependentes no rural da Laracha. Grazas a unha colaboración entre o Concello e a Fundación Mujeres, desenvolveranse actividades de orientación, acompañamento e apoio a distintos niveis (emocional, formativo, de activación persoal e social) que completarán os recursos xa existentes de axuda á dependencia.
Na metodoloxía do obradoiro primarán as actividades grupais dirixidas a reforzar as relacións sociais a través da interacción con mulleres que están na mesma situación: persoas que, na maioría dos casos, antepoñen o coidado ás súas propias expectativas e proxectos de vida, véndose afectadas a súa saúde, autoestima e tempo libre.
Esta iniciativa constará de seis sesións que se impartirán todos os luns en horario de 10:00 a 12:00 horas no centro sociocultural de Santa Margarida (antigo hospital dos peregrinos de Montemaior) ou de 16:00 a 18:00 horas no centro sociocultural de Lendo.
A inscrición é gratuíta e debe formalizarse nos servizos sociais municipais.