O 15 de setembro iniciarase o novo Calendario Vacinal en Galicia

1 minutes read

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, avanzou que o 15 de setembro iniciarase o novo Calendario Vacinal. O calendario incorpora as novas vacinas contra o virus do papiloma humano, a meninxite B e a gripe aos nenos e nenas.

A partir dese mesmo día comezarase a administrar a vacina do virus do papiloma humano aos nenos de 12 anos, mentres que desde o 1 de novembro administrarase a vacina contra a meninxite B con dúas doses aos 2 e 4 meses, máis unha terceira de recordo ao alcanzar os 12 meses. A vacina antigripal programarase durante o mes de outubro.

Cómpre precisar que ata o momento a vacina contra o virus do papiloma humano só se administraba ás nenas e a de meninxite B, pola súa banda, era adquirido de xeito particular por numerosas familias. Ademais, o cambio da vacina contra a meninxite C por outra tetravalente realizarase tamén nos nenos de 12 meses.