O 16 de Xuño volve a 10K Carballo

A Carreira Popular Concello de Carballo volve o 16 de xuño con importantes novidades para cumprir a súa novena edición e consolidarse como unha das mellores citas do Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña. Constará de tres probas: a 10K Carballo, oficial da FGA sobre unha distancia homologada de 10.000 metros, e puntuable nas categorías absolutas sub 20, sub 23, sénior e máster; a competición das categorías menores sub 18, sub 14, sub 12 e sub 10, tamén puntuables para o circuíto da Deputación; e as carreiras dos grupos de idade pitufos e biberón, non puntuables.

Horarios de competición:


A inscripción xa pode realizarase en www.championchipnorte.com, é gratuíta para todas as categorías menores. Os participantes da 10K deberán pagar un prezo simbólico de 2 euros. Unha das novidades é o adiantamento ás 10.30 horas da proba sénior e a outra é que haberá caixóns de saída: os corredores, en función da marca que acrediten, terá un lugar reservado na saída.
A proba presentárona este xoves na Casa do Concello o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o técnico municipal de deportes, Manolo Bardanca; e representantes das entidades deportivas carballesas que contan con sección de atletismo e corredores gañadores en anteriores edicións.

Acto de presentación da 10K

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha