O Concello de Malpica, a través da concellería de Deportes, presentou as actividades das Escolas Deportivas para nenos e nenas.
As crianzas de Malpica poden inscribirse a partir do 18 de setembro nas actividades deportivas programadas que van dende multideporte, ximnasia rítmica, voleibol, atletismo ou patinaxe.
Cada unha das opción terán un custe de 17,33€ por neno/a e impartiranse en distintas quendas no pavillón deportivo municipal excepto a patinaxe e o multideportes que serán en dúas quendas unha no pavillón e outra no CEIP Xoaquín R. Otero. Miltideporte levarase a cabo os luns e os venres en horario de 16.00 a 16.55 no pavillón municipal e os mércores de 17.05 a 18.00 no CEIP Joaquín Rodríguez Otero. A ximnasia rítmica será os mércores de 16.00 a 16.55 horas, o atletismo os xoves de 16.00 a 16.55 horas no pavillón municipal e patinaxe será os venres de 18.00 a 18.55 horas no pavillón municipal e os venres de 16.30 a 17.25 no CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
O número máximo de participantes en cada escola deportiva será determinado polo protocolo específico, ao mesmo tempo que se non se chega ao mínimo establecido terán que ser suspendidas ou substituídas por outras actividades.
Para máis información ou para reservar praza poden acudir ao Departamento de Deportes de Malpica ou chamar ao 981 72 00 01 en horario de 09.00h a 14.00h a partir do 18 de setembro.