O 2021 pechou coa cifra máis baixa de mulleres asasinadas por violencia de xénero

Ilustración da páxina interactiva de ONU Mujeres titulada "Violencia contra as mulleres: Feitos que todo o mundo debe coñecer". Imaxe: ONU Mujeres.

O ano 2021 terminou con 43 mulleres asasinadas por violencia de xénero, a cifra máis baixa desde que arrincou o rexistro oficial de vítimas desta secuela, en 2003. Son catro asasinadas menos que o ano 2020, e ata 30 menos que as 73 que se contabilizaron en 2010, que é, ata o de agora, o ano máis dramático de toda serie histórica, segundo os datos que recompila o Ministerio de Igualdade. Pese ao descenso de vítimas mortais, os datos seguen sendo terribles e duplicouse o número de menores asasinados por violencia de xénero, que pasa dos 3 contabilizados en 2020, aos 7 rexistrados en 2021. Ademais, 30 nenos quedáronse orfos de nai por esta secuela en 2021.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha