O 24 de outubro será a presentación oficial de “Terra Atlántica”, a marca territorio da Costa da Morte

1 minutes read
  • A mediados do pasado mes de setembro tivo lugar unha primeira toma de contacto informativa e de adhesión celebrada nas Torres do Allo en Baio.

A cita formal de presentación será o xoves 24 de outubro ás 12:00 horas no Faro de Vilán en Camariñas. Costa da Morte Terra Atlántica, trátase dunha iniciativa impulsada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) para a creación dunha marca territorio que busca consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial. Terra Atlántica pretende distinguir, visibilizar e consolidar no mercado os produtos e servizos de empresas da Costa da Morte. Unha marca que abrangue esa luz, ese mar, esa forza, esa paisaxe, ese carácter, ese patrimonio, pero tamén os produtos, os servizos, as empresas, a calidade, o talento… dunha terra que bebe da enerxía das ondas e da firmeza do chan, e da que nace esa marca que identifica, ademais de a quen a habita e a sente, ao abano de persoas produtoras e provedoras de servizos, entidades locais de sectores como agricultura, gandaría, pesca, alimentación, industria, comunicación, arte, hostalaría, restauración, artesanía, turismo ou cultura. Na súa primeira etapa xa arrincou coa forza de máis de 20 empresas adheridas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?