O 2º Plan de rescate será con menos requisitos e maior axilidade, segundo a Xunta

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron un encontro con representantes do sector da hostalería.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron un novo encontro co Clúster de Turismo e coa Mesa negociadora da hostalaría de Galicia para perfilar novos apoios para persoas traballadoras autónomas, microempresas e sector da hostalaría pechado, aos que a Xunta destinará un mínimo de 50 millóns de euros adicionais a través dun 2º Plan de rescate. Nesta fase, afirman, simplificaranse os trámites e requisitos para obter as axudas, de xeito que os apoios cheguen antes e a maior número de empresas. Unha das novidades propostas é que os autónomos non teñan que acreditar prestación por cese de actividade. Tampouco se lles esixirá ás microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar ás axudas. Este 2º Plan contempla liñas destinadas a autónomos e microempresas, así como unha específica ao sector da hostalaría.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha