O 30 de xuño, comparecencia de Pedro Sánchez no Congreso


Pedro Sánchez comparecerá o próximo 30 de xuño ante o Congreso para informar do desenvolvemento dos últimos cumes europeos e da situación política e económica, e todo apunta a que informará da súa decisión sobre os indultos aos líderes do procés. Estaba previsto que comparecese ante o pleno da Cámara Baixa na primeira semana de xullo, pero Moncloa informou este sábado de que adianta unha semana a súa presenza no Congreso, o que implica que a decisión sobre os indultos adoptaraa o Consello de Ministros, como moi tarde, o día anterior.