48
O 36% dos españois estaría de acordo con que os cataláns votasen para decidir que relación queren ter co resto de España. Entre os cataláns, o apoio ao referendo sobe ata o 70%. Outro dato: 2 de cada 3 españois apostan polo diálogo para resolver o conflito con Cataluña. Deles, case a metade quere que sexa dentro da Constitución, e só un 21% aceptaría unha negociación sen límites. Son algúns dos datos dunha enquisa que o Centro de Estudos de Opinión da Generalitat feita maioritariamente antes da sentenza do procés.