A día de hoxe, unha destas oficinas xa ten rematadas as obras e outras 23 xa contan coa autorización favorable para instalarse no emprazamento elixido (nove na provincia de A Coruña, tres en Lugo, tres en Ourense e oito en Pontevedra). As 16 restantes, están a espera de que se lles autorice á instalación e, a partires dese momento, terán seis meses prorrogables por outros tres para realizar as obras de acondicionamento necesarias. Todo parece indicar que na primeira metade do vindeiro ano, estas 40 novas oficinas de farmacia poderían estar xa abertas ao público. Así o afirmou no Parlamento o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes.
O 60% das farmacias adxudicadas no último concurso xa teñen autorización para instalarse
Imagen de archivo de una farmacia