O 86% do persoal da comunidade educativa xa está vacinado

Carmen Duran_Cedida.

Segundo os datos oficiais da Consellería de Sanidade, actualmente recibiron a primeira dose máis de 39.000 docentes (o 84% do total) e outros preto de 4.300 traballadores non docentes que traballan nos centros educativos (un 88% do total), sen que se detectara ningunha reacción adversa grave nin nestes colectivo nin no conxunto da poboación de Galicia, como explicou Carmen Durán. En todo caso, a porcentaxe que resta por vacinar non se debe a causas organizativas do Goberno autonómico, xa que Xunta está executando a administración de vacinas coa máxima celeridade en función da dispoñibilidade de doses e das indicacións do Estado.

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, subliñou que, en cumprimento das normas de vacinación establecidas polo Ministerio de Sanidade, agora a pauta de vacinación establécese por idade e non por colectivos, polo que o persoal dos centros educativos seguirá esa orde de prelación marcada polo Goberno central. En todo caso insistiu en lanzar unha mensaxe de tranquilidade xa que “o 100% da poboación vai recibir a vacina”.