34
A vacinación de maiores de 80 anos en Galicia arrincou cunha participación do 99,9%. A vacina que se administrou foi a da Pfizer, que reporta unha inmunidade do 95 %, pero que ten certas complicacións loxísticas porque ten que ser transportada a moi baixa temperatura. A xornada desenvolveuse con éxito en toda a área sanitaria de Santiago de Compostela. De aquí a comezos de maio terán que quedar inmunizados os case 230.000 galegos e galegas que teñen máis de 80 anos, pero que aínda non foran vacinados porque non viven en residencias de maiores. A partir do luns a vacina estenderase a este colectivo por toda Galicia, porque a deste venres foi unha xornada piloto pensada para mellorar a loxística.