“Foi ela quen se autolesionou”, declara o acusado de intentar asasinar a súa exparella en Vimianzo


“Eu non a agredrín”. Negou o procesado ser autor do delito polo que é investigado. Declarando que fora a propia vítima quen se autolesionara co coitelo. “Achegou o coitelo cunha man ao pescozo. Foi aí cando eu me abalancei sobre ela. Ela non quixo soltar o coitelo en ningún momento. Forcexamos e caemos ao chan”, declarou o acusado. “Ela sorprendeuno cun coitelo e pediulle retomar a relación. El intentou quitarllo, forcexaron, caeron ao chan e acabou ela con máis lesións que o meu cliente”, dixo Joaquín Martínez, o avogado da defensa. A acusación pública pide para el 14 anos de cadea, mentres que a particular e a popular ascenden a pena aos 16 anos de prisión. A defensa pide a libre absolución. O xuízo continúa o próximo xoves.