O ADN implica a dous dos detidos pola morte de Samuel Luiz

José Miñones,

O ADN implica «directamente» a dous dos detidos pola malleira mortal ao mozo Samuel Luiz na Coruña. Trátase dos dous primeiros detidos, dous homes veciños da Coruña, de entre 20 e 25 anos, que tamén foron os dous primeiros que agrediron a Samuel. O ADN procede da roupa, o corpo de Samuel e dunha botella de cristal que, presuntamente, os agresores romperon contra a cabeza da vítima. Así o explicou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen informou de que a Policía Xudicial entregou dous informes á xuíza. Miñones compareceu xunto con outras autoridades policiais tras levantarse o segredo de sumario polo homicidio do mozo o pasado 3 de xullo. As autoridades confirmaron que a autopsia demostra que Samuel morreu por traumatismo cranioencefálico polos golpes recibidos nunha agresión que durou «seis minutos fatais». A investigación conta ademais con 36 testemuñas.