O Aeroporto da Coruña activou o Plan de Emerxencia por unha ameaza de bomba nun avión

O Aeroporto da Coruña activou na mañá deste venres o Plan de Emerxencia debido a unha posible sabotaxe con ameaza de bomba nun avión que procedía de Bilbao. Foi o propio persoal do aeroporto quen contactou, ao fío das sete e media, co 112 Galicia para alertar da activación deste plan interno do aeroporto por mor dunha ameaza nun avión que acababa de aterrar desde Bilbao.

De xeito inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil, da Policía Nacional e Autonómica, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros da Coruña e Arteixo, de Protección Civil e do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).

A aeronave foi illada e os pasaxeiros, xunto coa tripulación, desaloxados. Axentes da Garda Civil procederon a revisar a cabina, a pasaxe e a adega do avión. En concreto, illouse o Airbus 319 operado pola compañía aérea Volotea, trasladando aos pasaxeiros e a tripulación a unha sala illada do aeroporto sen a súa equipaxe de cabina para o control dos mesmos. Finalmente, a Benemérita deu por finalizada a incidencia ao constatarse que era unha falsa alarma unha vez concluída a revisión do avión e as pertenzas dos pasaxeiros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha