O agro galego esixe en Madrid políticas agrarias respectuosas coas produtoras 

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) participou canda milleiros de persoas procedentes de todo o Estado na manifestación e tractorada convocada en Madrid pola COAG, UPA e ASAJA con motivo da xuntanza do Consello Europeo de Ministros de Agricultura.

As organizacións agrarias demandaron na capital do Estado respostas rápidas e estruturais á crise actual á que se enfronta o sector agrario, comezando pola eliminación da burocracia que os afoga; a articulación de mecanismos efectivos para acabar cos baixos prezos en orixe e coas marxes abusivas entre os prezos que perciben as persoas agricultoras e os altos prezos que pagan as persoas consumidoras; cambios nas medidas que afectan negativamente ás pequenas e medianas producións -que son maioritarias en Galicia- ou que non están adaptadas á realidade galega ou da Cornixa, así como deixar de utilizar a agricultura como moeda de cambio nos chamados Tratados de Libre Comercio, que facilitan a importación de alimentos que non cumpren os estándares mínimos de seguridade e protección do medio ambiente esixidos na UE.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha