26
O xaponés Kazuya Miyoshio, foi o camiñante número 20.000 que se aloxa no Albergue de Peregrinos “Juan Manuel López Chaves”. O establecemento, que funciona xa a pleno rendemento desde xullo de 2021 no barrio do Berbés, acadou a cifra neste ano 2023 no que está a bater todos os rexistros. O edificio do albergue conta con seis plantas nunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento. A infraestrutura ten capacidade para unhas 90 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos.