Dorinda Rebón Velo cumpriu este sábado 101 anos e celebrouno na súa vivenda, onde recibiu a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da edil de Servizos Sociais, Rocío López, que a agasallaron cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en representación do Concello..
A señora Dorinda é natural de Condes, na parroquia de Soandres, onde sempre residiu na mesma vivenda na que naceu. Actualmente comparte fogar co seu único fillo, Desiderio, coa súa nora Aurora e con unha das súas netas, Sandra. Á celebración do aniversario tamén acudiu a súa outra neta, Lucía, e o marido desta, Dennis, entre outros familiares. Tamén quixo felicitala o párroco de Soandres, D. Manuel Mallo.
No Concello da Laracha están empadroadas once persoas con máis dun século de vida, das cales nove son mulleres e dous son varóns.