O alcalde da Laracha participou no Senado no Acto do sétimo aniversario da Manifestación da España Vaciada

No mediodía deste luns o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, participou en Madrid, no Senado, no Acto conmemorativo do sétimo aniversario da Manifestación da España Vaciada, organizado pola Cátedra Estrella Galicia de Desarrollo Rural do Foro Next Educación dentro do seu VI Estudio «Evolución de la percepción de los avances en la España Rural».

O Acto foi dirixido polo xornalista Manuel Campo Vidal. Deu a benvida o vicepresidente do Senado, Javier Maroto, e clausurou o secretario general para el Reto Demográfico, Francesc Xavier Boya.

No acto interviñeron 9 representantes de administracións e institucións doutras tantas provincias españolas. A intervención de José Manuel López Varela estivo centrada nas iniciativas municipais dirixidas a xerar oportunidades de desenvolvemento económico e na protección e posta en valor dos espazos naturais.

Related posts

A Deputación da Coruña apoia o traballo de Senda Nova e de Mar de Fábula, entre outras 20 asociacións medioambientais

Vieiro imparte en Aspaber o seu programa “O Triángulo da Saúde”

Carballo, referente estatal en divulgación científica