O alcalde da Laracha reúnese cos profesionais do sector do taxi


José Manuel López Varela, acompañado por persoal técnico municipal, mantivo unha reunión no Concello cos profesionais do sector do taxi á que se convidou a asistir a todos os titulares de licencias municipais. Na xuntanza tratáronse cuestións relativas ao funcionamento do servizo, expoñendo ideas e consensuando medidas para melloralo en beneficio tanto dos usuarios como dos profesionais do sector. No Concello da Laracha son actualmente oito os vehículos que prestan servizo de taxi.