O alcalde de Carballo recibe a Ruth Fuentefría, subcampioa mundial de Halterofilia Sub-17

Recepción Ruth Fuentefría_Concello de Carballo

  • A deportista, que tamén é campioa de España, recibiu un carballo de Sargadelos para lembrar as súas raíces

Con 16 anos, o palmarés de Ruth Fuentefría Sánchez é unha motivación e inspiración para moitos deportistas e persoas que se inician na halterofilia. Campioa de España e subcampioa do mundo na categoría Sub-17, a galega achegouse este venres a Carballo, a súa vila natal, para ser recibida polo rexedor, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, nun acto celebrado na Alcaldía.

Ruth, que o próximo ano xa competirá en categoría júnior, cursa 1º de bacharelato e ten a ilusión de estudar Inef e seguir practicando halterofilia, un deporte no que quere seguir colleitando éxitos. Así llo desexou tamén o alcalde ao entregarlle como lembranza da recepción un carballo de Sargadelos, para que «sempre teñas en conta as túas raíces e para que, en vez de landras, deste carballo nazan moitas medallas».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha